mércores, 23 xul 2008
O tenente de alcalde, Santi Domínguez salientou o aspecto turístico da primeira Ruta de Automóbiles Antigos Vigo- Costa da Morte- Santiago de Compostela, á que lle deu a saída este mércores no museo Verbum- Casa das Palabras. Dende Vigo partiron 25 participantes que, tras percorrer máis de 400 kilómetros divididos en sete etapas, chegarán á cidade compostelá o vindeiro sábado, 26 de xullo.

mércores, 23 xul 2008
O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Promoción Económica,Participación Cidadana e Emprego,Santos Hector,asinaron o mércores un convenio de colaboración con UGT, CCOO e CIG, na que estaban presentes Olga Alonso, Jose Cameselle, Xerardo Abralde respectivamente. Este convenio consta dunha aportación económica de 42.750 euros destinados a cursos de formación, "a relación deste goberno cos sindicatos é moi fluida como tamén o é con empresarios e patronal" subliñou o alcalde.

mércores, 23 xul 2008
Desde o vindeiro sábado, día 26, ao 3 de agosto, as instalacións do IMD de Samil serán escenario do Internacional de Tenis Feminino Cidade de Vigo-III Copa Caixanova, que congrega a 96 xogadoras de vintesete países (desde varios da UE ata de outros tan lonxanos como Filipinas, Tailandia e Australia) en busca dos puntos para o ranking WTA. O torneo, que organiza a Federación Galega de Tenis e patrocina o Concello, ademais de Xunta e Deputación, está dotado con 25.000 dólares (20.000 euros) en premios.

mércores, 23 xul 2008
O alcade deu conta hoxe dos compromisos adoptados o 21 e 22 de Xullo en San Sebastián na III Asamblea da Rede española de cidades polo clima. Entre eles podemos destacar o "Pacto de Alcaldes" que inclúe a Reducción dos Gases de efecto invernadero (Gei) do redor dun 10%, incremento dun 20% das enerxías renovables, incremento dun 20% a eficiencia enerxética, regulación máis eficiente da temperatura dos edificios públicos. El Concello "se pondrá en contacto co Ministerio de Medioambiente así como con el Banco Europeo de Inversiones (BEI) para obtener financiación suplementaria. "Esto va muy en serio" enfatizó o alcalde " a partires da firma dos planes de acción as cidades que non cumplan serán expulsadas da Rede española de cidades polo clima con toda a resonancia mediática que eso conleva".

mércores, 23 xul 2008
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, felicitou este mércores ao clube de béisbol Halcones de Vigo co gallo do seu recente ascenso á División de Honra no transcurso da recepción que ofreceu a directivos e xogadores da entidade. No encontro, que tivo lugar en dependencias municipais, o concelleiro nacionalista sinalou que este ascendo supón un "gran mérito" a partir do cal o clube afronta "importantes retos de cara ao futuro".