Tenistas de 27 países competirán no Internacional Feminino "Cidade de Vigo" en Samil<br />
Desde o vindeiro sábado, día 26, ao 3 de agosto, as instalacións do IMD de Samil serán escenario do Internacional de Tenis Feminino Cidade de Vigo-III Copa Caixanova, que congrega a 96 xogadoras de vintesete países (desde varios da UE ata de outros tan lonxanos como Filipinas, Tailandia e Australia) en busca dos puntos para o ranking WTA. O torneo, que organiza a Federación Galega de Tenis e patrocina o Concello, ademais de Xunta e Deputación, está dotado con 25.000 dólares (20.000 euros) en premios.<br /> <br />
Respecto da proba, o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, lembrou que Vigo pode presumir da práctica deste deporte xa a principios do século XX e nun dos seus emblemas, o Pazo Quiñones de León, que dispuña dunha pista de tenis por obra de Mariana de White, esposa do Marqués de Valladares. "É un deporte moi arraigado na cidade, é unha práctica deportiva que cada vez ten máis forza, e nós estamos por impulsar o deporte feminino", asegurou Alonso. O concelleiro nacionalista, ademais, dixo que con este torneo tamén se logra outra meta: "Quen nos visita por estas datas goza dun espectáculo deportivo de alto nivel", e nunhas instalacións pegadas á praia de Samil.
Desde a Consellería de Cultura e Deportes, Jesús Besteiro, xefe do servizo de Deportes en Pontevedra, destacou que este evento "é un espello no que verse os mozos", mentres que definiu a Vigo como "a cidade que máis traballa co deporte".
A francesa Yulia Fedossova (número 191 do ranking) é a mellor colocada na ATP de todas as participantes, e Manuel Santorio, presidente da Galega, recordou que polo torneo "pasarán xogadoras que pronto estarán entre as 50 mellores do mundo". A fase previa de 64 xogadoras comeza este sábado e dura ata o luns, mentres que o cadro final iníciase o martes. Ata sete xogadoras galegas estarán no torneo: Paula Álvarez, Patricia Vilas, Tamara Álvarez, Raquel Barciela, Raquel Guede, Nuria Sanjurjo e Diana Martínez
Descargar todas as imaxes