A Concellería de Benestar Social abrirá no 2009 en Coia un novo centro de servizos municipais<br />
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciaron este martes que Coia contará a principios do 2009 cun novo centro de servizos municipais, que aglutinará ás unidades básicas de atención social (UBAS) de Coia, Litoral e Castrelos. Na presentación do proxecto, os representantes do goberno municipal explicaron que o novo centro se instalará nun local ubicado na rúa Quintela e atenderá a unha poboación inicial de 75.000 persoas. <br />
"Dende o BNG tomámonos moi en serio o que presentamos á cidadanía viguesa cando pedimos o seu respaldo", asegurou o tenente de alcalde, en referenza ao compromiso de desenvolver o traballo por e para a xente. Santi Domínguez lembrou que este compromiso manifestouse no primeiro ano de goberno no incremento do orzamento da Concellería de Benestar Social. Neste sentido, subliñou que o BNG quere establecer en Vigo, en colaboración coa Xunta, un "verdadeiro sistema de benestar social" que cumpra dous requisitos fundamentais. Por unha banda, salientou que resulta imprescindible "achegar os servizos municipais alí onde está a cidadanía". Segundo Santi Domínguez, "non é de recibo que que para obter información ou presentar unha reclamación os cidadáns e as cidadás teñan que desprazarse ás oficinas do Concello", polo que apostou pola súa paulatina descentralización.
Para Santi Domínguez, o segundo aspecto fundamental no establecemento deste sistema consiste en "ofertar servizos sociais de calidade". Así, indicou que o primeiro obxectivo que se marcou a concelleira de Benestar Social foi a "planificación dos servizos de benestar social e a racionalización dos recursos". Ao respecto, felicitou á responsable deste departamento, María Méndez, polo seu traballo, que supuxo a posta en marcha de tres centros de día e a posta a disposición da Xunta dos terreos necesarios para a apertura de novas galescolas, a primeira delas a da rúa Palencia.
Na aposta que está a desenvolver a Concellería de Benestar Social por achegar os servizos á cidadanía, María Méndez subliñou a importancia da apertura deste novo centro municipal, que se instalará nun local ubicado na rúa Quintela, de 600 metros cadrados. As obras para adecuar o local, que segundo as previsións a primeira fase estará rematadas a principios do 2009, terán un custo de 560.000 euros. "Con esta actuación adiantarémonos a nova lei de servizos socias", salientou a edil do BNG, quen explicou que a nova ordenación sinala que deberán poñerse en marcha equipos multidisciplinares. Así, María Méndez indicou que o centro estará atendido por catro ou cinco traballadoras sociais, catro ou cinco auxiliares administrativos, psicólogas e educadoras sociais.
A concelleira de Benestar Social sinalou que este centro acollerá as UBAS de Coia, que na actualidade presenta dificultades de atención aos usuarios e usuarias polo seu reducido espazo, da zona litoral e Castrelos, que nestes momentos desenvolven o seu traballo en dependencias do Concello. Segundo María Méndez, estas novas instalacións atenderán unha poboación inicial de 75.000 persoas, "que se irán incrementando paulatinamente".
Descargar todas as imaxes