O Concello asina un convenio de colaboración cos sindicatos
O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Promoción Económica,Participación Cidadana e Emprego,Santos Hector,asinaron o mércores un convenio de colaboración con UGT, CCOO e CIG, na que estaban presentes Olga Alonso, Jose Cameselle, Xerardo Abralde respectivamente. Este convenio consta dunha aportación económica de 42.750 euros destinados a cursos de formación, "a relación deste goberno cos sindicatos é moi fluida como tamén o é con empresarios e patronal" subliñou o alcalde.<br />