Xabier Alonso felicita ao clube de béisbol Halcones de Vigo polo seu ascenso á División de Honra<br />
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, felicitou este mércores ao clube de béisbol Halcones de Vigo co gallo do seu recente ascenso á División de Honra no transcurso da recepción que ofreceu a directivos e xogadores da entidade. No encontro, que tivo lugar en dependencias municipais, o concelleiro nacionalista sinalou que este ascendo supón un "gran mérito" a partir do cal o clube afronta "importantes retos de cara ao futuro".<br />
"Dende a Concellería de Deportes traballamos por estender a práctica deportiva a toda a cidadanía e o noso apoio aos Halcones de Vigo representa un paso máis neste camiño", salientou Xabier Alonso. O concelleiro de Deportes subliñou, así mesmo, que o ascenso ten un "gran mérito", en tanto que o clube desenvolve a súa práctica deportiva nunhas "difíciles condicións", debido a que se trata polo momento dun deporte que non conta cunha gran implantación na cidade.
Xabier Alonso reiterou que o ascenso á División de Honra dos Halcones de Vigo supón un "gran éxito deportivo do clube e do deporte vigués" e, pola súa banda, os representantes da entidade, agradeceron ao concelleiro o seu apoio e o agasallaron cunha gorra que forma parte da indumentaria oficial do equipo.
Descargar todas as imaxes