xoves, 24 nov 2022
O Banco de Alimentos recupera este ano de xeito presencial a Gran Recollida de Alimentos coa que pretenden alcanzar 300.000 kg de comida entre mañá e pasado mañá. O alcalde sumouse á campaña de promoción dunha iniciativa solidaria para “encher os estantes da ONG”.
mércores, 23 nov 2022
O alcalde avanzou esta mañá que o servizo municipal de teleasistencia asistiu o mes pasado a 731 usuarios, maioritariamente mulleres, con idades comprendidas entre os 80 e os 94 anos. O Concello aprobou recentemente un incremento do contrato para poder atender a cen persoas máis.
mércores, 23 nov 2022
Abel Caballero, alcalde de Vigo, cualificou a carreira solidaria Érguete e Corre como “unha acción da maior importancia” que se vai celebrar o vindeiro 11 de decembro, domingo, coa súa saída e chegada na terraza do Centro Comercial Vialia.
luns, 21 nov 2022
Os corenta traballadores do servizo de Coidadores de barrio atenderon a 260 persoas durante o pasado mes de outubro. Con 14 novas altas, o 64,38% das persoas beneficiarias teñen entre 76 e 90 anos.
luns, 21 nov 2022
O alcalde felicitou esta mañá á Fundación MAPFRE e Saúde Mental FEAFES polo seu programa Xuntos somos capaces que permitiu formar en labores de xardinería a 11 persoas con discapacidade intelectual e saúde mental. O obxectivo é impulsar a inclusión social deste colectivo.
mércores, 16 nov 2022
Abel Caballero mantivo un encontro este mércores con José Manuel Rodríguez Uribes no que lle trasladou a acción e o traballo municipal a prol da candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade.
martes, 15 nov 2022
O Concello de Vigo prenderaas no día de hoxe de color vermello, atendendo así Asociación Galega contra as Enfermidades Musculares e mañá, mércores 16 de novembro, tinguiranse de laranxa conmemorando o día da EPOC (EnfermIdade Pulmonar Obstructiva Crónica). Abel Caballero sinalou que desta forma "seguimos contribuíndo na loita fronte a estas enfermidades".
luns, 14 nov 2022
Máis da metade das achegas de emerxencia son para pagos de vivenda, segundo constatou esta mañá o rexedor. En rolda de prensa, destacou que o Concello está experimentando un incremento de demanda debido á decisión da Xunta de suprimir en xullo a Tarxeta básica de alimentos e outras necesidades básicas.
xoves, 10 nov 2022
O alcalde pon en valor o labor que desenvolve o goberno municipal coas persoas que viven soas a través da teleasistencia domiciliaria, que é un servizo de balde, para o que non hai lista de espera.
mércores, 9 nov 2022
O Concello continúa coa tramitación da axudas de libros aos que adicará 5,2 millóns de euros 25.850 estudantes de Primaria e Secundaria. Unha vez rematada a tramitación da modificación orzamentaria, a Xunta de Goberno aprobará as bases da convocatoria e, en breve, se abrirá o prazo de solicitude dunha achega de 205 euros por alumno.