O Concello outorga 3.146 Axudas de Emerxencia no que vai de ano
Abel Caballero deu conta da Comisión de Axudas de Emerxencia celebrada esta semana na que se concederon 105 axudas por valor de case 30.000 euros.
O alcalde fixo balance das Axudas de Emerxencia que outorga o goberno local. No que vai de ano, este 2023, o Concello concedeu 3.146 axudas ás persoas vulnerables que as solicitaron. A maioría delas, 1.000, foron para gastos de alimentación, e outras tantas, 830, para o pago de alugueiros.
Caballero tamén cifrou en 700 as axudas adicadas ao pago de recibos de luz, 250 para auga e 83 para gas, así como tamén para mobiliario e outros gastos de primeira necesidade. Na última Comisión celebrada esta semana, o Concello concedeu 105 axudas por valor de case 30.000 euros.
“As Axudas de Emerxencia do Concello son unha forma de facer política social e, amais, son compatibles co Ingreso Mínimo Vital do Goberno de España.”, concluíu.