Vigo rexistra o maior número de turistas nun mes de xullo
O INE reflicte a suba de viaxeiros e pecnoctacións na cidade converténdose no mellor xullo da serie histórica.
Abel Caballero deu conta dos datos de turismo publicados polo Instituto Nacional de Estatística que amosan a recepción de 51.131 viaxeiros no mes de xullo á cidade. Isto supón un 18,2% máis que no ano 2019 e un 8,58% máis que no ano 2022. Soben os turistas nacionais un 15% e un 25% os estranxeiros. O dato deste mes de xullo é o mellor da serie histórica.
En canto as pernoctas, tamén rexistráronse un 1% máis que no 2019 e un 3,8% máis que no ano pasado. Outro dato récord. A estancia media dos turistas en Vigo é de 2,05 días.
O alcalde puxo de manifesto que “a cidade está a bater todas cifras de asistencia á cidade e que Vigo é unha das grandes cidades turísticas de España”.