O Concello programa actividades para maiores nas prazas da cidade
Durante os meses de xullo e agosto o Concello programa actividades de balde para maiores en distintas prazas da cidade en horario de mañá de luns a venres.

O Concello programa actividades para maiores de balde de luns a venres de 10:30 a 11:30 horas en distintas prazas da cidade. Calquera persoa pode achegarse e participar, tamén os netos, fillos e amigos que acompañen á persoa xa que están pensadas con carácter interxeracional.
Baile, danzas do mundo, canto e taichi, entre outras, son algunhas das actividades programadas, que están monitorizadas por dous técnicos. As persoas interesadas poden darse cita o luns na praza da Miñoca, o martes no mercado de Teis, o mércores no mercado do Calvario, o xoves na praza Independencia e o venres en Samil ou na Alameda de Bouzas.
Non é necesaria inscrición previa. O obxectivo e achegar as actividades sociais e físicas a toda a sociedade, especialmente aos máis maiores.