Convocatoria de subvencións programas de participación de deportistas e Vigo en competicións oficiais de alto nivel de carácter internacional na tempada deportiva 2015/2016

venres, 8 xul 2016

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 17 de xuño de 2016, adoptou o seguinte acordo: Aprobar a Convocatoria específica para o desenvolvemento do proxecto de subvencións orientadas a potenciar programas de participación de deportistas da cidade de Vigo en competicións oficiais de alto nivel de carácter internacional na tempada deportiva 2015/2016. (BOP 06 de xullo de 2016), e a tal fin destina no seu orzamento do ano 2016 con cargo á partida orzamentaria 3410.480.00.00, un importe total de 50.000,00 euros (Cincuenta mil euros).

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS Á REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NAS ARIS DE VIGO. PLAN ESTATAL REHABILITACIÓN 2013-2016

venres, 1 xul 2016

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo de 17.06.2016, acordou a publicación da NOVA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS Á REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NAS ARIS DE VIGO CON FINANCIAMENTO DO PROGRAMA DE REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANAS DO PLAN ESTATAL DE FOMENTO DO ALUGAMENTO DE VIVENDAS, A REHABILITACIÓN EDIFICATORIA E A REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANAS, 2013-2016, segundo convenios e addendas asinados o 27.10.2015 e o 10.06.2016 entre Ministerio de Fomento, Xunta de Galicia e Concello de Vigo.