Escoitar

Convocatoria de subvencións para actividades xuvenís

A concellería de Xuventude abre o prazo da convocatoria específica para o fomento de actividades xuvenís ate o 21 de xullo e cunha dotación de 7.000€

luns, 27 xuñ 2016
1.- Requisitos dos/as beneficiarios:
a) Asociacións xuvenís e/ou entidades xuvenís sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Vigo (Depto. de Participación Cidadá) ou ben que soliciten simultaneamente a súa inscrición no citado Rexistro.
b) Outras entidades (Asociacións ou fundacións) integradas maioritariamente por mozas*- 100% da xunta directiva-
* Entenderase que, neste caso, a idade máxima para ser considerado/a moza será de ata 35 anos, incluídos.
c) Grupos de mozos non constituídos como asociación que, carecendo de interese lucrativo, teñan capacidade para realizar un proxecto específico de interese xuvenil.

2.- Obxecto da subvención.
O obxecto das subvencións a que se refiren as presentes bases e convocatoria é contribuír a financiar os gastos ocasionados polo desenvolvemento e realización de programas e proxectos xuvenís mixtos, de mozas e mozos, por parte das entidades e/ou colectivos xuvenís da cidade, no ano 2016.

3.- Procedemento de concesión das subvenciónes
O procedemento para a concesión destas subvenciónes será o de concorrencia competitiva.

4.- Bases reguladoras.
A convocatoria coas bases reguladoras da concesión das axudas será publicada no correspondente diario oficial, anunciada na prensa local, e na web www.vigo.org.

5.- Importe
A dotación desta convocatoria será de 7.000€( SETE MIL EUROS).

6.- Prazo de presentación de solicitudes
Ata o 21 de xullo de 2016

Máis info: www.xuventudevigo.org e na Casa Xuventude (986.294806)