O alcalde garante apoio a ViKul e ve "imparable" o crecemento da cultura urbana en Vigo
Abel Caballero, na presentación este luns do IV Encontro Internacional de Danza Urbana de Vigo, valorou a relevancia e o desenvolvemento "imparable" das culturas urbanas na cidade, polo que asegurou o respaldo do Concello a ViKul. O evento celebrarase do 8 ao 18 de xullo nunha edición máis ampla e diversa.
O cuarto Encontro Internacional da Danza Urbana de Vigo (ViKul) dará comezo o próximo 8 de xullo e ofertará unha decena de actividades distintas entre a explanada do Náutico, o Auditorio Mar de Vigo e a Escola New Era de Castrelos.
Para esta nova edición, a organización propón unha oferta máis ampla, máis días de duración e dirixido a todos os públicos, con accións para adultos, mocidade e nenos, con e sen formación en danza. ViKul, durante os días do evento, promoverá actuacións de balde en distintos puntos da cidade.
8, 9 E 10 DE XULLO: VIKUL + VIGO STREET STUNTS
Axuntando esforzos coa organización de Street Stuns 2016 Body Extreme, VIKUL realizará exhibicións e actividades de divulgación e iniciación, do venres 8 ao domingo 10 de xullo, nas inmediacións do Náutico de Vigo, con exhibicións, talleres infantís, shows e masterclass de danza urbana gratuítas. Ao longo de toda a fin de semana haberá shows e brindaremos aos artistas locais a oportunidade de demostrar o seu talento e a súa valía en batallas improvisadas.
O ambiente estará amenizado polo DJ Solís de Barcelona. Haberá clases de Krump, Hip Hop e de Dancehall gratuítas a cargo de coreógrafos de fama internacional, como Óscar Klaw, Silvi ManneQueen e Rafa Ponferrada, para todo aquel que queira aventurarse a probar por primeira vez a danza urbana. E, por suposto, un espazo espacialmente pensado para os máis pequenos, onde poidan tomar contacto coa cultura urbana a través da danza, o graffiti, o beat box e o rap: KIDS DANCE & PLAY. Todas estas actividades son de carácter gratuíto e solidario, e en colaboración coa organización do evento recolleranse como pago simbólico 3 quilos de comida non perecedoira por participante que será destinada ao Banco de Alimentos de Vigo.
11, 12, 13, 14 E 15 DE XULLO: CAMPAMENTOS
Nestas datas celebrarase o campamento intensivo de danza urbana para adultos e nenos na Escola New Era (Castrelos): danza, arte urbana, convivencia, rap, beat box, grafiti... Conta con dous programas adaptados ás necesidades dos alumnos: Campamento KIDS, só de mañá, cun nivel adecuado aos máis pequenos (6-12 anos) e o Campamento adulto e JUNIOR, para os mozos máis preparados, en sesións de mañá e tarde. Para a realización deste campamento a organización reuniu aos mellores profesores de danza urbana do panorama nacional: Sebas Linares, Silvi ManneQueen, Bru Vidal, Óscar Klaw, Rafa Ponferrada, Miguel Ángelo, Telitah Dancehall, Tere Ngundi e Irene Pallarés.
15, 16 e 17 DE XULLO: CLASES PROFESIONAIS
As masterclasses para bailaríns intermedios, avanzados e profesionais terán lugar no Auditorio Mar de Vigo desde o venres 15 ao domingo 17 de xullo. Como en anteriores edicións, os asistentes poderán gozar de clases a cargo das principais estrelas internacionais: Danielle Polanco (New York, bailarina de Lady Gaga, Beyoncé, Janet, Usher, Jennifer Lopez, Chris Brown e actriz na película Step Up), Amanda Grind (Os Angeles, coreógrafa de Pharrel Williams), Sonia Soupha (París, fundadora da compañía Sensuafro), Hazel Culliney (London, profesora en Studio 68 e Pineapple Dance Studios), Andrey Boyko (Moscow, traballa con DJ´s de éxito como David Guetta, dj Smash, Armin Van Buren, Paul Van Dyk), Viet Dang (Los Ángeles, bailarín de Beyonce, Rihanna, KE$HA e Mika), Sebastián Linares (Palma de Mallorca, bailarín de Jennifer López) e Bru Vidal (Palma de Mallorca, profesor en Top Dance).
17 DE XULLO: CAMPIONATO DANZA URBANA
O domingo, ademais das clases para adultos e nenos, celebrarase pola tarde o 1er VIKUL DANCE CHALLENGE, un campionato de danza urbana único en toda a comunidade. As categorías que loitarán sobre o escenario serán Infantil, Junior, Parellas e Solistas (Mini e Absoluta), Absoluta e Megacrew, con máis de 16 bailaríns por compañía.
8, 9, 10, 15, 16 E 17 DE XULLO: PEQUENOS ARTISTAS: DANZA, RAP, BEAT BOX E GRAFITI
O taller para nenos xa iniciados na danza urbana KIDS PRO terá lugar tamén nestas mesmas datas e no mesmo auditorio. A responsable desta sección será Irene Pallarés (profesora de Operación Triunfo e coreógrafa de grandes artistas) para mozos de entre 7 e 14 anos que xa están iniciados na danza. Serán 5 clases, repartidas nos tres días, cun contido e obxectivo formativo concreto e unha exhibición final. Ao finalizar cada unha das clases, os pequenos poderán gozar de talleres de rap, beat box e grafiti.
Ademais, por primeira vez en todo o mundo, VIKUL organiza unha masterclass con Viet Dang (Os Angeles) para os Vikulers máis novos. Terá lugar o día 16 tamén no Auditorio. E para os nenos e mozos que aínda non tiveron contacto coa danza urbana vai dirixido o KIDS DANCE & PLAY, clases de iniciación en diferentes estilos de danza para todo aquel que queira apuntarse in situ co obxectivo de inculcar o amor polo baile nos máis pequenos e de difundir este hobby entre pais e nenos da cidade. Do mesmo xeito que nos talleres para nenos xa iniciados, ao finalizar as clases, os pequenos poderán gozar dos talleres de rap, beat box e graffiti.
Descargar todas as imaxes