Escoitar

O Concello recoñece o papel dos traballadores de limpeza polas cinco Vasoiras de Platino

O alcalde ofreceu este luns aos traballadores as cinco Vasoiras de Platino obtidas polo Concello de forma consecutiva en recoñecemento á limpeza da urbe, desde 2008 ata 2016. Caballero manifestou que o obxectivo é continuar renovando a distinción no futuro.

luns, 27 xuñ 2016
1467029625limpieza.jpg
O Concello de Vigo, desde 2008 ata 2016, obtivo de forma consecutiva o máximo recoñecemento á limpeza da cidade, a Vasoira de Platino, e este luns o goberno municipal, co alcalde á cabeza, quixo recoñecer o traballo dos empregados das empresas na consecución destes galardóns.

Caballero trasladou que a Vasoira de Platino, que se concede cada dous anos, é un "galardón moi prezado" e valorou o "papel que desenvolven" os traballadores da limpeza de Vigo na consecución dunha "cidade limpa". O rexedor vigués manifestou que o obxectivo municipal pasa por continuar revalidando esta distinción en próximos anos.
Descargar todas as imaxes