martes, 14 out 2003
A concelleira de Participación Cidadá, María Méndez, ven de presentar a memoria de actividades do centro Cívico de Teis con motivo do primeiro aniversario da posta en servicio do centro. Segundo a concelleira o "centro é un espacio onde se fai patente a descentralización sociocomunitaria no municipio, que sirve para a participación e a convivencia cidadá a través do diálogo e as prácticas asociativas e culturais".
luns, 15 set 2003
A concelleira de Participación Cidadá, María Méndez, deu conta dos contactos e visitas que mantivo durante os meses de xullo e agosto con 32 asociacións veciñais da cidade e salientou que todas as asociacións manifestaron o excesivo peso que sigue a ter a burocracia municipal en relación cos distintos procedementos administrativos.
martes, 8 xul 2003
A concelleira de Participación Cidadá, María Méndez, asiste á entrega de diplomas aos alumnos que realizaron cursos na Asociación veciñal de Beade. Preto de 150 persoas participaron en cursos de cociña, pintura, palillos, manualidades, ganchillo e informática.
venres, 4 xul 2003
A concelleira de Participación Cidadá, María Méndez entrevistouse con representantes da comisión de voluntariado da plataforma Nunca Máis e dos voluntarios mobilizados polo Concello para a limpeza das praias afectadas polo vertido do "Prestige".
martes, 17 xuñ 2003
A concelleira de Participación Cidadá, María Méndez, asiste á inauguración do seminario "Novo marco normativo para ONLs" (organizacións non lucrativas) que se celebrará no Centro de Servicios Socio-comunitarios do Casco Vello, a partir das 17.30 horas.
martes, 10 xuñ 2003
A Concellería de Participación Cidadá organiza o seminario "Novo marco normativo para ONLs" (organizacións non lucrativas) que se celebrará no Centro de Servicios Socio-comunitarios do Casco Vello.
mércores, 4 xuñ 2003
A Concellería de Participación Cidadá entregou equipos informáticos con conexión a internet a dez organizacións non lucrativas da cidade para facilitar as súas xestións, ampliar os puntos de información e ofrecerlles un mellor servicio aos asociados. Con esta nova cesión, son xa 54 os colectivos que dispoñen de ordenadores cedidos polo Concello.
xoves, 22 mai 2003
A concellería de Participación Cidadá acaba de editar a "Revista de Voluntariado" na que se recollen os puntos básicos das intervencións das últimas xornadas de voluntariado.
mércores, 21 mai 2003
O Plan Comunitario Casco Vello, Asociación Galega de Lupus, Asociación de Familiares Galegos de Alzheimer (Afaga) o grupo Erva e a plataforma de voluntariado, que integra a máis de 30 colectivos, dispoñen de cadanseu espacio no Centro Cívico do Casco Vello para desenvolver as súas actividades.
martes, 20 mai 2003
A concelleira Mariló Cabaleiro entrégalles os diplomas aos asistentes aos cursos do Plan de Formación para ONLs o martes 20 de maio ás 19:30 no Centro Cívico de Teis.