aqualia y el Ayuntamiento de Vigo presentan los nuevos vehículos de limpieza de alcantarillas

martes, 25 nov 2008

El Concello de Vigo y aqualia presentaron hoy los nuevos vehículos de limpieza de alcantarillas que están dotados con las últimas tecnologías y capaces de minimizar los efectos acústicos incluso en un 35%. En su compromiso con el cuidado medioambiental, el Ayuntamiento de Vigo y aqualia adquirieron estos dos nuevos vehículos, que ya están adaptados a la futura normativa ambiental europea de emisión de partículas a la atmósfera, prevista para 2010.

A auga que aforrou Vigo en 2007 abastecería a Vilagarcía durante todo un ano

martes, 21 out 2008

A concelleira de Vías e Obras do Concello de Vigo, Isaura Abelairas, presentou este martes as diferentes actuacións levadas a cabo na rede municipal para reducir o consumo de auga na cidade. Os 2,5 millóns de metros cúbicos de auga aforrados o pasado ano en Vigo abastecerían a un municipio de 34.000 habitantes durante todo un ano, salientou a edil.

A humanización de Eugenio Kraft estará rematada antes do nadal

mércores, 24 set 2008

O alcalde de Vigo presentou este mércores a primeira fase da humanización da rúa Eugenio Kraft, en Balaídos, unha obra con máis de 200.000 euros de orzamento que estará rematada antes de final de ano, tal e como indicou o propio Abel Caballero. Os traballos xa se iniciaron en setembro e hoxe en día xa están realizadas as catas e a demolición da parte superior da rúa, que finaliza na Avenida da Florida.

O alcalde presentou a primeira fase da "merecida" humanización de Bouzas

venres, 8 ago 2008

Os traballos de mellora da Alameda de Bouzas comezarán o vindeiro 18 de agosto, o que representa o primeiro paso da humanización do barrio vigués, que continuará dentro de dous meses coa reforma do entorno do mercado. O alcalde, que hoxe venres presentou o proxecto, salientou a "merecida" atención que se lle está concedendo a unha zona que aportou tanto ao desenvolvemento da cidade.

Comezan as obras de humanización do entorno de Povisa

xoves, 24 xul 2008

O alcalde, Abel Caballero, informou do comenzo das obras de humanización do entorno de POVISA que comprenden as rúas Zaragoza (entre Álvaro Cunqueiro e Tarragona), Barcelona (entre Regueiro e Tarragona), Zamora (entre Regueiro e Tarragona) e Salamanca (entre Pintor Colmeiro e Gran Vía). O prazo de execución é de 5 meses e a obra esta adjudicada a Movexvial.<br /> <br />

Retorno da escultura de Curros Enriquez á Alameda

venres, 16 mai 2008

Tras ser levada ao Monte do Castro no ano 1965, este venres foi devolta a escultura de Manuel Curros Enriquez á Alameda de Vigo, o lugar que ocupou desde que se inaugurou no ano 1911. Este ano se cumpre o centenario do pasamento do escritor e os alcaldes de Vigo e de Celanova inauguraron o retorno do busto ao seu emprazamento orixinal.

O Concello e aqualia poñen en marcha o proxecto de telelectura de maior envergadura de España

mércores, 7 mai 2008

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Vías e Obras, Isaura Abelairas, asistiron este mércores ao inicio do sistema de Lectura Remota de Contadores, que se está a instalar nalgúns puntos da cidade e que permitirá facer a lectura con total fiabilidade sen ter que acceder ao contador. "Este novo sistema coloca a Vigo na vangarda do servizo de xestión de auga", subliñou Abel Caballero.

O Concello contratará un servizo urxente de reparacións para vías e obras

martes, 22 abr 2008

A concelleira de Vías e Obras, Isaura Abelairas, avanzou que unha única empresa se encargará das reparacións no termo municipal, o que axilizará as reformas. A contratación será por dous anos, conta cun orzamento de preto de 3 millóns de euros, e estará lista "en mes, mes e medio". Este servizo urxente de reparacións actuará "como o 061, pero en Vías e Obras", salientou a concelleira.