Caballero visita a humanización da rúa Brasil na que se invisten preto de 2 millóns de euros
Cun investimento de preto de 2 millóns de euros, as obras de humanización da rúa Brasil avanzan a bo ritmo segundo constatou esta mesma mañá nunha visita na que detallou que os traballos se prolongarán 18 meses e que se renovarán 2.100 metros cadrados de beirarrúas.
O alcalde de Vigo achegouse hoxe martes a humanización da rúa Brasil, nas que o Concello investirá preto de dous millóns de euros durante 18 meses. As obras, que se estenden do tramo que vai entre Isabel a Católica e Gran Vía, -incluida a partida do ano que ven, esténdese nunha lonxitude de actuación de 450 metros e unha superficie total de 4.600 metros cadrados, mentres que a superficie de beirarrúas nas que se traballa alcanza os 2.100 metros cadrados en granito. Asimesmo, explicou o rexedor, renovaránse redes subterráneas de saneamento, pluviais e abastecemento. Estas obras de humanización incluirán 80 árbores, 51 farolas, 17 bancos, 16 papeleiras e xardineiras, segundo enumerou Caballero.
Concretamente, o tramo - que está en obras neste momento- ten un orzamento de 820.000 euros, partida que vai incluída no orzamento de 2011 e 2012. Tal e como avanzou o rexedor, esta primeira parte probablemente se inaugurará o próximo mes de setembro e na parte alta da rúa haberá unha zona verde máis ampla.
Descargar todas as imaxes