Vigo movilizará máis de 250 efectivos na organización do paso da Volta Ciclista pola cidade
Alcalde, concelleiro de Tráfico, técnicos municipais, Policía Local e Protección Civil mantiveron hoxe xoves un encontro coa organización da Volta ciclista para poñer en marcha "a engranaxe que garanta o éxito" deste evento deportivo ao seu paso pola cidade o próximo martes 28. O rexedor avanzou que, en contacto permanente coa Garda Civil, revisouse o itinerario para detectar as posibles deficiencias e puntos de risco para os corredores nunha xornada na que se movilizarán máis de 250 efectivos.