Escoitar

O Concello devolverá o recargo pagado polos afectados pola folga en Correos na taxa de basura

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe xoves a sinatura dun decreto que amplía ata o 14 de setembro o prazo de pago voluntario -sen recargo- do recibo da basura e a devolución do 5% de incremento ás 1.200 persoas que o pagaron. A folga en Correos provocou que moitas familias recibiran a liquidación nas súas casas pasado o periodo voluntario.

xoves, 23 ago 2012
1345727085alcalde4.jpg
Así o anunciou esta mañá Abel Caballero, quen explicou que os informes dos técnicos municipais avalan o decreto de prórroga do prazo voluntario de pago e a devolución do 5% de recargo aos que xa o pagaron -entre 1.000 e 1.200 persoas, segundo indicou o alcalde-.

O goberno local ten á disposición dos afectados un formulario tipo que encher e presentar no propio Concello, solicitando a devolución dos aproximadamente 4 euros do recargo por pagar fóra do periodo voluntario, rematado o 6 de agosto e agora prorrogado ata o 14 de setembro.

O alcalde indicara en días pasados a "vontade" do goberno de Vigo de tomar esta medida, sempre e cando fose legalmente posible, pois non houbo "mala vontade" por parte dos veciños que non pagaron a taxa en periodo voluntario a causa da folga en Correos.
Descargar todas as imaxes