Vigo movilizará máis de 250 efectivos na organización do paso da Volta Ciclista pola cidade
Alcalde, concelleiro de Tráfico, técnicos municipais, Policía Local e Protección Civil mantiveron hoxe xoves un encontro coa organización da Volta ciclista para poñer en marcha "a engranaxe que garanta o éxito" deste evento deportivo ao seu paso pola cidade o próximo martes 28. O rexedor avanzou que, en contacto permanente coa Garda Civil, revisouse o itinerario para detectar as posibles deficiencias e puntos de risco para os corredores nunha xornada na que se movilizarán máis de 250 efectivos.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou toda a "ccoperación municipal" para que o próximo martes 28 o paso da Volta Ciclista "sexa un éxito" do que disfruten todos os vigueses. Logo da reunión que mantiveron esta mañá alcalde, concelleiro de Tráfico, técnicos municipais, Policía Local e Protección Civil con responsables da comitiva para revisar o itinerario e coñecer posibles puntos de perigo para os deportistas, Caballero detallou o percorrido da que será a etapa 10, entre Ponteareas e Sanxenxo ao seu paso pola cidade: PO-325, PO-324 Coruxo, Avenida de Cesáreo Vázquez, Canido, Vao, Samil (esprint especial), Av de la Atlantida, Paulino Freire, Pescadores, Eduardo Cabello, Beiramar, Canovas del Castillo, Garcia Olloqui, Plaza Compostela, Areal, Garcia Barbón, Sanjurjo Badía, PO-323 dirección Redondela.
O operativo contará coa colaboración constante da Garda Civil e Protección Civil, neste caso, aos efectos da participación de voluntarios na seguridade, que ocuparán puntos de cortes de tráfico en lugares non conflictivos como entradas de garaxe particulares ou públicos. Abondando neste aspecto, Caballero explicou que o número de puntos de risco para a proba é de 192, contando desde a redonda de Ricardo Mella Cesáreao Vázquez ata a finalización na Avenida Galicia e a avenida de Samil, onde hai pasos elevados.
A distribución dos efectivos, que serán máis de 250, constará de 106 policías locais en puntos de regulación, desvío e canalización, así como 100 voluntarios en puntos de corte, con apoio de vallas, unha cifra á que hai que sumar técnicos de tráfico e efectivos doutros corpos de Seguridade.
Dentro do itinerio, relatou, prohibirase o estacionamento na noite do 27 ao 28 por razóns de seguridade para os participantes: avenida Atlántida, Paulino Freire, primer tramo de Beiramar, Cánovas del Castillo, García Olloqui, Praza de Compostela e Sanjurjo Badía. Tal como dixo o rexedor, o tráfico quedará cortado entre as 12,30 e as 13,00 horas para facilitar o tránsito da caravana, que ten prevista a súa chegada a Vigo ás 14,00 hoars.
Descargar todas as imaxes