Caballero cifra en 5,2 millóns o investimento do Concello en asfaltados deste ano
O alcalde asegurou que as melloras efectuadas polo goberno local nos viais da práctica totalidade das parroquias de Vigo superan os 5,2 millóns de euros no que vai de 2012, sumando asfaltados e os traballos do plan municipal de emprego. "Seguiremos nesta liña de mellora", asegurou Caballero.
O alcalde de Vigo fixo hoxe luns unha visita á nova brigada de asfaltados, restauración e mellora dos viais da cidade, un dispositivo municipal total de 33 profesionais tras sumar recentemente outras oito persoas.
"Estamos na atención permanente", asegurou Caballero, quen explicou que nos primeiros oito meses do ano destinouse máis de 1,5 millóns en asfaltados e melloras, case 1,9 millóns para obras en parroquias e outros 1,8 millóns de reformas realizados polo persoal do Plan de Emprego Municipal do Concello.
Descargar todas as imaxes