Escoitar

O alcalde anuncia a reclamación xudicial dos 2 millóns que Porriño debe pola auga de Vigo

Abel Caballero anunciou hoxe venres a apertura dun proceso xudicial pola vía do Contencioso Administrativo contra o Concello de O Porriño para reclamarlle a débeda contraída coa cidade polo servizo da auga, impagos que superan os 2 millóns de euros.

venres, 17 ago 2012
1345204825alcalde2.jpg
O alcalde fixo este anuncio tras ter coñecemento da decisión de O Porriño de ampliar o caudal da auga aos municipios de Salceda e Mos, un auga que procede de Vigo e que o concello porriñés non paga.

Segundo indicara o rexedor nunha comparecencia de prensa do mes pasado, a débeda supera aos dous millóns de euros por impago de recibos desde 1998. O 20 de abril de 2009, os concellos de Vigo e O Porriño acordaron que este abonaría os recibos bimensuais de Aqualia e presentaría un plan de pagos para facer fronte á débeda anterior, iniciada en 1998.

O municipio porriñés fixo fronte únicamente ao primeiro recibo e este ano, en virtude da normativa estatal de pago a proveedores, pagou outras sete facturas. Aínda así, O Porriño adebeda 2.089.000 euros que tería que costear o resto de concellos que perciben o servizo.
Descargar todas as imaxes