O alcalde avanza a construcción de dez novos parques biosaludables na cidade
Vigo contará 10 novos parques biosaludables tal e como anunciou hoxe martes o rexedor durante a visita ao recinto do Cristo da Victoria, en Coia, cunha superficie de 4.600 metros cadrados e un investimento de 10.000 euros. En 2007, lembrou o alcalde, había unha soa instalación destas características, "nestes momentos imos camiño das cincuenta".
O alcalde de Vigo visitou hoxe martes o parque biosaludable do Cristo da Victoria, entre as rúas A Guardia e Baiona, unha vez rematadas as obras de acondicionamento. Cun investimento de 10.000 euros, construiuse un recinto de 159 metros cadrados, sobre chan de jabre, con 8 xogos e os seus respectivos carteis informativos. Durante a visit, o rexedor avanzou a posta en marcha doutras dez instalacións similares en distintas zonas da cidade, cun investimento de preto de 100.000 euros: Manuel de Castro; Praza 8 de Marzo (Camelias); Pedro Alvarado (Teis); Pintor Colmeiro; Alameda Ricardo Aldao (Salgueira); Alameda AVV Oia; Alameda de Candeán; Alameda de Sárdoma; Parque de Aqualia e, por último, a ampliación del existente en la Alameda dos Vellos.
O obxectivo, dixo, é que haxa un parque infantil e biosaludable en cada lugar da cidade no que haxa demanda. Lembrou que cando chegou ao Goberno municipal había unha soa instalación desta características en funcionamento, mentres que "agora imos camiño das cincuenta". En resumo, explicou, entre parques infantís e biosaudables puxemos en marcha preto de 200".
Descargar todas as imaxes