Escoitar

O Concello aumentará as axudas aos dependentes se a Xunta axiliza os trámites administrativos

A concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas, reclamou á Xunta celeridade na tramitación dos expedientes da lei de dependencia para que o Concello poida axudar a máis persoas. Nunha rolda de prensa, avanzou que nestes momentos a administración local atende a 177 dependentes coas 11.456 horas que autoriza o órgano competente, nestes caso, a Xunta de Galicia.

luns, 13 ago 2012
1344862168isaura.jpg
O Concello de Vigo insta á Xunta de Galicia a que axilice os trámites da lei de Dependencia para que os servizos municipais poidan prestar axuda a maior número de persoas. Nestes momentos, a administración local atende a 177 dependentes coas 11.456 horas que autoriza a Xunta, organismo competente xa que ten transferidas as competencias do Goberno Central. A maiores, segundo explicou en rolda de prensa a concelleira de Benestar Social, o Concello, a través da lei de libre concurrencia, presta axuda a outros 345 dependentes, unha cifra que non pode incrementarse porque as persoas que teñen recoñecida a dependencia, aínda que non estén a cobrar non poden acollerse a Lei de libre concurrencia porque perderían os dereitos como dependentes.

Por outra banda, Abelairas advertiu dos recortes que está a realizar o Goberno Central respecto do "cuarto piar do estado do benestar", en referencia a Lei Ley de Promoción de la Autonomía Personal y Atención a las personas en situación de dependencia y a las familias aprobada en 2006. Dixo que ademáis de restrinxir o acceso a estas axudas, diminuiu as prestacións e eliminou as cotizacións á seguidade social dos coidadores, segundo un decreto aprobado polo Executivo Central.
Descargar todas as imaxes