Escoitar

Caballero louba a actuación da Policía Local e Bombeiros en eventos tan multitudinarios como O Marisquiño

Os 27 representantes municipais que participaron nos IV Xogos Europeos de Policías e Bombeiros 2012 recibiron hoxe martes a felicitación e o ánimo para seguri competindo do alcalde de Vigo. Nesta ocasión a cita deportiva foi nas Canarias onde os efectivos conseguiron 25 medallas.

martes, 14 ago 2012
1344949418polis.jpg
O alcalde de Vigo felicitou hoxe martes aos 21 homes e 6 mulleres que participaron nos IV Xogos Europeos de Policías e Bombeiros 2012 en representación do Concello de Vigo. Nesta cita deportiva, que se organizou nas Canarias, os efectivos vigueses partiparon nas seguintes disciplinas: atletismo, boxeo, fútbol praia, fútbol siete, petanca, natación e bolei praia. Os vigueses conseguiron 25 medallas, das que 15 foron ouros, 9 pratas e 1, de bronce. Durante a recepeción, o rexedor cualificou a participación de "excepcional" o que pon de relieve a capacitación profesional da Policía Local e Bombeiros. Destacou a actuación das forzas de seguridade durante eventos tan multitudinarios como os que acaban de celabrarse na cidade como O Marisquiño ou a Exhibición de Motos de Estrella Galicia 0,0.
Descargar todas as imaxes