Escoitar

O Concello destinará case 150.000 euros a melloras en parques infantís da cidade

O alcalde, Abel Caballero, visitou hoxe venres os parques infantil e biosaudable da Praza da Industria, onde anunciou que o goberno local ten en previsión a creación de 10 novas áreas biosaudables e dispón de case que 150.000 euros para mellorar parques infantís en Beade, Camelias, Berbés, Castrelos, García Picher, Fragoselo, San Martiño, Samil, Areal, Saiáns e o Castro.

venres, 17 ago 2012
1345204763pzaindustria.jpg
O primeiro edil apuntou que o parque biosaudable da Praza da Industria foi construído neste ano e o infantil foi reformado o pasado 2011, multiplicando a súa superficie. Caballero recibe do barrio unha "gran demanda de mobiliario urbano" e avanzou que estudará posibles melloras na zona.

O alcalde recordou que Vigo conta actualmente con 38 áreas biosaudables e o Concello ten en previsión outras 10 máis para este ano, cando en 2007 existía só un. No tocante aos parques infantís, Caballero asegurou que existen neste momento 140 dos que o goberno local reformou ou creou un total de 120 nos últimos cinco anos.
Descargar todas as imaxes