Caballero define as festas de Vigo "como as mellores co orzamento máis baixo na historia da cidade"

A cidade contou co concerto de Serrat e Sabina como o mellor colofón das "mellores festas da historia de Vigo" que, ademais, costaron a terceira parte que o ano pasado. Así o explicou esta mañá o rexedor que destacou, entre outros, O Marisquiño, "un dos grandes eventos de skate e bicicleta de Europa".

venres, 17 ago 2012
1345204990festas.jpg
O alcalde de Vigo referiuse hoxe venres ao cartel de festas que acaba de rematar como o "mellor co orzamento máis baixo na historia da cidade", tendo en conta, puntualizou, que costou a terceira parte que o programa do ano pasado. Aludindo en primeiro lugar ao "excepcional" concerto que onte ofreceron Serrat e Sabina no Ifevi, Cabellero lembrou o "éxito" das actuacións de Macaco, Carlos Jean ou Os Resentidos e Siniestro Total. No balance de festas, o alcalde destacou O Marisquiño "un dos grandes eventos de skate de Europa", as festas gastronómicas ou a Exhibición de Marc Márquez, que conseguiu reunir 25.000 persoas no centro da cidade.
Descargar todas as imaxes