Igualdade

Xornadas Lingua, xénero e comunicación

venres, 25 mar 2011

A concellería de Igualdade informa que durante os días 4 e 5 de abril, pola tarde, desenvolveranse na Casa das Mulleres as Xornadas "Lingua, xénero e comunicación". Estas xornadas enmárcanse nas actuacións do IV Plan Integral de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Vigo, e teñen como obxectivo promover a utilización dunha linguaxe e imaxe non sexista, que visibilice e represente ao conxunto da cidadanía dun xeito igualitario e non estereotipado.

MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE

Pechadas ao tráfico as rúas GONDERAN, BAIXADA DA FONTE e CURRAS

martes, 22 mar 2011

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de asfaltado, a realizar pola empresa COVSA, estarán pechadas ao tráfico as rúas GONDERAN, BAIXADA DA FONTE e CURRAS, treito entre San Xoan e Aragón, con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 23 de marzo de 2011 ás 10:00 horas e por un período aproximado de tres días.

Mobilidade, Transportes e Seguridade

Pechada ao tráfico a rúa MANUEL COMINGES

venres, 18 mar 2011

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de derruba de edificio, a realizar pola empresa COVSA, estará pechada ao tráfico a rúa MANUEL COMINGES, á altura das Carneiras(Castrelos), con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 23 de marzo de 2011 ás 10:00 horas e por un período aproximado de dous días.<br />

Concellería de Igualdade

Obradoiro literario "Nós tamén escritoras"

venres, 18 mar 2011

A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o obradoiro literario gratuito: "Nós tamén escritoras", destinado a mulleres empadroadas en Vigo, maiores de 18 anos de idade, que teñan a ilusión de principiarse como escritoras, ou saber como pensan as/os que escriben.