Xunta de Goberno Local
O Concello aproba o convenio de cesión á Deputación do edificio da rúa Chao
xoves, 17 out 2019A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o proxecto de convenio para a cesión deste inmoble municipal que pasará a ser a sede do ente provincial en Vigo e que funcionará tamén como espazo expositivo e de "acción fotográfica".
O Concello contrata unha asistencia técnica para elaborar o novo prego do abastecemento e saneamento
xoves, 10 out 2019A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este xoves a a contratación de consultoría e asistencia técnica para o estudo das infraestructuras e servizos vinculados á rede de abastecemento e saneamento. Ademais, deu o visto e prace ás obras de humanización da rúa Juan de Bastos e aos convenios con CCOO, UGT e Agarimo.
O goberno local contrata a mellora da accesibilidade das páxinas web municipais
martes, 8 out 2019A Xunta de Goberno Local aprobará na próxima sesión o expediente de contratación do subministro dun sistema de accesibilidade web para as páxinas de turismo, transparencia, a sede electrónica municipal e vigo.org.
A reordenación do Barrio do Cura chegará ao Pleno o martes 8 de outubro
xoves, 3 out 2019A Xunta de Goberno aprobou inicialmente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana para a reordenación do ámbito do Barrio do Cura. Será o próximo martes 8 de outubro cando o documento sexa sometido ao ditame do Pleno da Corporación, para pasar posteriormente a exposición pública durante dous meses.
O goberno de Vigo achega 850.000 euros en subvencións a entidades deportivas de base
venres, 27 set 2019Segundo informou este venres Abel Caballero, a Xunta de Goberno Local aprobou na súa sesión de onte a resolución da convocatoria, por concorrencia competitiva, de axudas aos clubs para a tempada deportiva, por importe total de 850.000 euros.<br />