xoves, 7 nov 2019
Cun importe de 426.000 euros, o proxecto prevé a reforma do inmoble aproveitando a necesaria reparación dos danos producidos durante un incendio hai dous anos. A Xunta de Goberno Local tamén validou os apoios á AVCD Monte da Mina por 17.000 euros, a FEAFES por 5.000 euros e á Asociación do Casco Vello por 60.000 euros.
xoves, 31 out 2019
Segundo informou Abel Caballero, a Xunta de Goberno Local adxudicou a contratación dos servizos de control arqueolóxico do proxecto de recuperación e posta en valor da muralla do Castro, análise que transcorrerá en paralelo ás obras, para as que Concello e Goberno de España adican 835.000 euros.
xoves, 17 out 2019
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o proxecto de convenio para a cesión deste inmoble municipal que pasará a ser a sede do ente provincial en Vigo e que funcionará tamén como espazo expositivo e de "acción fotográfica".
xoves, 10 out 2019
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este xoves a a contratación de consultoría e asistencia técnica para o estudo das infraestructuras e servizos vinculados á rede de abastecemento e saneamento. Ademais, deu o visto e prace ás obras de humanización da rúa Juan de Bastos e aos convenios con CCOO, UGT e Agarimo.
martes, 8 out 2019
A Xunta de Goberno Local aprobará na próxima sesión o expediente de contratación do subministro dun sistema de accesibilidade web para as páxinas de turismo, transparencia, a sede electrónica municipal e vigo.org.