xoves, 25 mai 2017
O alcalde e a tenente de alcalde presentaron este xoves as actividades complementarias á edición deste ano do programa de medianeiras e arte urbana, un "énfase especial en toda a acción cultural" que inclúe obradoiros para os pequenos, arte en colexios, xornadas, concertos e un mural especial en favor da loita contra a violencia de xénero.
luns, 10 abr 2017
O Concello continúa a tramitación do programa de arte urbano que ten un orzamento de case 500.000 euros e que nesta edición encherá once novos espazos da cidade. Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou o convenio de colaboración con Médicos do Mundo cun importe de 50.000 euros.
martes, 4 abr 2017
Un dos muros laterais de Aspanaex loce un deseño de cor e formas xeométricas que simbolizan pluralidade e integración, tal e como explicou esta mañá o rexedor durante unha visita na que destacou o "gran valor" dun traballo artístico no que participaron usuarios e usuarias do centro.
mércores, 22 mar 2017
As visitas culturais realizaranse por parte dos 29 murais decorados nos anos 2015 e 2016 os sábados ás 11 da mañá cunha hora e media de duración. O III programa de medianeiras desenvolverase neste 2017 coa previsión de realizar 12 murais con artistas destacados da cidade e dous convidados internacionais: Hazul e Mona Carón.
luns, 20 feb 2017
O alcalde explicou este luns que o inmoble acollerá a colectivos cidadáns, un espazo de lectura, un salón de actos e unha oficina municipal. O Concello investiu 385.000 euros na rehabilitación dun "edificio singular de importancia histórica", en verbas de Caballero, "unha das mellores e máis importantes recuperacións que se fixo nunca nesta cidade".
luns, 23 xan 2017
As parroquias de Sárdoma e de Castrelos contan cunha guía que recolle a riqueza histórica e arqueolóxica dunha gran parte da cidade. Segundo explicou o rexedor, este roteiro servirá para poñer en valor un patrimonio que goza do máximo nivel de protección.
venres, 30 dec 2016
O goberno de Vigo reserva medio millón de euros para a terceira edición desta iniciativa municipal de arte urbana, que embelece as medianeiras da cidade. O alcalde invitou á cidadanía a propoñer novos espazos. A previsión do Concello e decorar no 2017 entre 15 e 20 novas medianeiras.
luns, 5 dec 2016
Para o rexedor trátase dunha "gran acción cultural na cidade" que incluirá 15 actuacións en en medianeiras e paramentos exteriores. A Xunta de Goberno Local aprobou tamén a adxudicación de obras en vías municipais por máis de 574.000 euros e a clasificación de ofertas para a Grada de Río de Balaídos cun orzamentos de 5.529.000 euros.
venres, 28 out 2016
Un acordo de colaboración entre Concello e o Ministerio de Fomento permitirá a recuperación e posta en valor das murallas de O Castro, do século XVII. Asi o avanzou esta mañá Abel Caballero quen tamén deu conta da contratación das obras de humanización da segunda fase da rúa Ferreiros.
venres, 14 out 2016
Abel Caballero recoñeceu este venres o labor artístico realizado polos creadores dos vinte e nove murais que conforman o Programa Municipal de Medianeiras, co que se organizarán visitas guiadas por voluntarios culturais nas próximas semanas para contemplar estas mostras de arte urbana.