Santi Domínguez destaca na presentación en Madrid da Powerboat que Vigo ofrecerá a mellor proba do mundial

xoves, 17 xul 2008

Este mediodía presentouse en Madrid o Campionato do Mundo de Powerboat P1, que se celebrará por primeira vez no Estado Español en augas da Ría de Vigo os días 11, 12,13 e 14 de setembro. No acto o tenente de alcalde, Santi Dominguez, agradeceu á Powerboat a gran aposta pola cidade e lembrou que "a cidadanía de Vigo está volcada no deporte e boa proba delo é o inmenso apoio a todos os grandes eventos deportivos disputados na cidade".

Samil recibirá ata agosto cinco torneos de praia baixo o nome de "Verán deportivo"

xoves, 10 xul 2008

A praia de Samil recibe este verán unha batería de modalidades deportivas englobadas no "Verán deportivo" que permitirán o goce de participantes e veraneantes. Entre o próximo día 18 e o 7 de agosto, disputaranse cinco disciplinas de competición (fútbol praia, balonmán praia, voley praia, foot voley e tenis praia) e outra de exhibición (cachibol), baixo o patrocinio de Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Deportes, e a organización de Evento Global.

O Concello investiu 45.000 euros na mellora das pistas de atletismo de Balaídos

mércores, 9 xul 2008

O Concello realizou un importante esforzo para eliminar diversos problemas que detectara nas pistas de atletismo de Balaídos, con independencia do proxecto de estadio atlético que se prevé para o futuro. Nas últimas datas, e tras visitar as pistas o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, procedeuse a unha substancial mellora dos vestiarios, coa colocación de chan plástico (investimento de 5.800 euros), pintado dos mesmos (11.700 €) e instalación dunha nova caldeira (18.000 €).

Santi Domínguez destaca a recuperación de terreos para a veciñanza na colocación da primeira pedra da piscina de Barreiro

luns, 23 xuñ 2008

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou este luns a recuperación de terreos para a veciñanza na parroquia de Lavadores durante o acto de colocación da primeira pedra do complexo de deporte e benestar de Barreiro. Segundo Santi Domínguez, as novas infraestruturas, que contarán con tres piscinas, cinco salas de actividades, un ximnasio, dúas pistas de pádel cubertas e vestiarios, entrarán en funcionamento nun prazo de entre doce e dezaseis meses.

I Torneo Internacional Balonmán Base

venres, 20 xuñ 2008

O Club de Balonmán de Lavadores organiza entre os días 25 ó 28 de xuño o I Torneo Internacional Balonmán Base no que participarán 8 clubs e 20 equipos e que ven de presentar hoxe venres en rolda de prensa o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso e representantes do club.

O vindeiro sábado remata a tempada 2007/2008 do programa Vigo en Xogo no polideportivo das Travesas

xoves, 19 xuñ 2008

O polideportivo das Travesas acollerá o vindeiro sábado, 21 de xuño, a xornada de clausura do programa Vigo en Xogo, segundo anunciou este mércores o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. Así dende ás 9 horas ata ás 20 horas, cando o tenente de alcalde, Santi Domínguez e o concelleiro de Deportes presidan a entrega de trofeos aos participantes, nas diversas instalacións do polideportivo celebraranse probas de fútbol sala, fútbol sala e baloncesto.

A carreira de San Xoán cumpre 25 edicións

mércores, 18 xuñ 2008

A Carreira Nocturna de San Xoán alcanzará este próximo luns a vinte e cinco edición. Presentada o martes no Concello polo edil de Deportes, Xabier Alonso, e o delegado en Vigo da Federación Galega de Atletismo, Eleuterio García, aseguraron que a proba non só goza de magnífica saúde pola súa tradición e continuidade, senón tamén polo interese dos atletas, que desde fai días xa preguntan pola inscripción na mesma.

La carrera de San Juan cumple 25 ediciones

mércores, 18 xuñ 2008

La Carrera Nocturna de San Juan alcanzará este próximo lunes la veinticinco edición. Presentada el martes en el Ayuntamiento por el edil de Deportes, Xabier Alonso, y el delegado en Vigo de la Federación Gallega de Atletismo, Eleuterio García, aseguraron que la prueba no sólo disfruta de magnífica salud por su tradición y continuidad, sino también por el interés de los atletas, que desde hace días ya preguntan por la inscripción en la misma.