Caballero eloxia a “longa traxectoria e magnífico traballo” de DOA no eido da saúde mental

venres, 8 out 2021

A entidade celebrou na Praza do Rei o acto conmemorativo do Día Mundial da Saúde Mental cuxo lema este ano é “A saúde mental, un dereito necesario. Mañá poderías ser ti”. Abel Caballero loou o labor realizado por Doa, Saúde Mental na cidade como un “factor de renovación na forma de entender e pensar os temas relacionados coa saúde mental, que ten que ser tratada como parte activa da pelexa da sociedade”. Por iso comprometeu o apoio do Concello porque “temos que facer da sociedade viguesa unha sociedade de dereitos e as persoas con algunha discapacidade ou doenza mental teñen dereito a ser atendidos e con prioridade na atención”.

Concello e Afaga conmemoran o día Mundial do Alzéimer cunha viaxe en barco para usuarios e familiares

martes, 21 set 2021

Con motivo do Día Mundial do Alzhéimer, o Concello organizou dúas viaxes en pola ría de Vigo para usuarios e familiares de Afaga. Cincuenta persoas saíron esta mañá a bordo do buque oceanográfico Nautilus e pola tarde sairá outra quenda, tamén desde o Real Club Náutico. O rexedor saudou esta mañá aos participantes desta iniciativa coa que o goberno local quere cooperar coas familias que sofren esta enfermidade.

Concello e Afaga reclaman un novo protocolo de diagnóstico precoz para o Alzhéimer

luns, 20 set 2021

Con motivo do Día Mundial do Alzhéimer, Concello e Afaga esixen un novo protocolo para diagnosticar antes o deterioro cognitivo-funcional. Así o transmitiron o presidente da asociación, Juan Carlos Rodríguez e a concelleira de Políticas de Benestar, Yolanda Aguiar, quen enfatizou que todos os programas municipais enmárcanse nun novo modelo de atención ás persoas maiores.

A teleasistencia do Concello realizou 6.780 chamadas en agosto

venres, 17 set 2021

O servizo municipal conta con 717 usuarias de alta, fundamentalmente mulleres maiores de 80 anos que viven soas e que teñen na teleasistencia “a tranquilidade, o acougo” dun pulsador que ofrece unha “gran confianza”. Ademais de atender casos de emerxencia, o Concello ofrece acompañamento e seguimento ás mulleres.