Escoitar

O Concello xa recibiu preto de 9.000 solicitudes para as axudas de libros

Segundo informou o alcalde este mércores, a maior parte das peticións segue a chegar por vía telemática pero está dispoñible tamén a atención presencial, en horario de mañá e de tarde, ata o vindeiro 2 de febreiro.

mércores, 21 dec 2022

O prazo de solicitude rematará o 2 de febreiro e ata ese momento o Concello estima que serán 25.000 as solicitudes realizadas tendo en conta os datos de matriculación do alumnado de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria ou Educación Especial do termo municipal de Vigo. O prazo de solicitude permanecerá activo ata o 2 de febreiro.

“Xa recibimos 8.843 solicitudes”, informou Caballero puntualizando que, 7.500 foron realizadas por vía telemática na web www.vigo.org. Con todo, lembrou, está dispoñible a atención presencial, mediante a que pode facerse a solicitude a través do Rexistro municipal, en horario de mañá e de tarde, con axuda do persoal municipal: de luns a xoves: de 9-14h e de 16-20h. Os venres en horario de mañá, entre as 9 e as 14 horas. Ata o momento foron 1.400 familias as que fixeron a súa solicitude achegándose ao Concello.

Cada familia recibirá 205 euros por neno e para financiar estas achegas o Concello destinará 5,2 millóns de euros. “Queremos apoiar ás familias de Vigo e somos a única cidade de España que paga os libros de texto de ensino obrigatorio”.

Descargar todas as imaxes