Vigo aproba o seu décimo sexto orzamento consecutivo cun montante de 292 millóns para 2023
O Pleno deu luz verde definitiva ao orzamento de 2023, que se eleva a 292 millóns de euros, cos votos a favor do PSOE e o voto en contra do resto dos grupos políticos. Nunha rolda de prensa posterior, Caballero puxo en valor que se trata do décimo sexto orzamento aprobado de xeito consecutivo e afeou á oposición que voten en contra, entre outros aspectos, dos 33,8 millóns previstos no capítulo de investimentos.