xoves, 22 decembro 2022

O goberno local presenta aos fondos europeos o proxecto “Alcabre verde”

O proxecto humanizará a Avenida de Europa para transformala nun corredor verde, a renaturalización da fronte litoral de Alcabre, a humanización da cuberta da VG-20 entre a avenida Atlántida e Navia e a conectividade ecolóxica de Alcabre co parque Nelson Mandela. O Concello solicita 4 millóns de euros para esta acción. Tamén solicita aos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia 700.000 euros para a humanización da rúa Romil e a creación dun corredor escolar na zona.

O alcalde felicita o Nadal ao persoal do Concello

xoves, 22 dec 2022

Abel Caballero saudou este xoves ás traballadoras e traballadores municipais nun acto celebrado na lonxa do Concello no que lles trasladou o agradecemento polo labor que desenvolven ao servizo da cidade e no que recoñeceu o seu esforzo e capacidade para afrontar momentos difíciles como os vividos durante a pandemia da Covid.