Escoitar

Caballero mostra a súa satisfacción ante o “mellor Nadal que houbo nunca na historia da cidade”

Tras a reunión este xoves do Padroado da Vigo Convention Bureau, o alcalde trasladou aos medios de comunicación o balance da entidade sobre a “boa marcha do Nadal en Vigo”.

xoves, 22 dec 2022
Árbore de Nadal de Vigo situado na Porta do Sol
Árbore de Nadal de Vigo situado na Porta do Sol

O Padroado da Vigo Convention Bureau, no que están representados o comercio, a hostalería e empresariado da cidade analizou na reunión celebrada este xoves o desenvolvemento das festas navideñas da cidade tras constatar os “niveis altísimos de ocupación hoteleira e un nivel de ocupación da hostalería prodixioso”, tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa.

Así, para Abel Caballero “estamos no mellor Nadal que houbo nunca na historia da cidade” e amosou a súa satisfacción porque Vigo siga sendo un lugar de referencia ao que sigan chegando visitantes. “Congratulámonos do cheo de cafeterías, restaurantes e hoteis que están convertendo a Vigo nunha referencia no lugar de vacacións, que compite cos máis importantes destinos turísticos de toda Europa”, destacou.

 

Descargar todas as imaxes