O goberno de Vigo triplica as axudas as festas patronais
O alcalde explicou este martes en rolda de prensa que o Concello aprobou na Xunta de Goberno Local a subvención por valor de preto de 300.000€.
A Xunta de Goberno Local realizada o venres 16 de decembro aprobou as subvencións para o desenvolvemento das festas tradicionais, patronais, gastronómicas e actividades socioculturais para o período 2021-2022. Este procedemento contempla os eventos realizados dende o 1 de novembro de 2021 ata o 31 de outubro de 2022.
Esta axuda destinase a 77 festas patronais; romarías; festivais e certames, que se celebraron nos barrios e parroquias viguesas, aumentando en 130.000€ a partida. O rexedor remarcou que “no caso concreto das festas patronais, o Concello triplicou a súa achega”, xa que “se cambiou o enfoque para que todas as festas patronais se integren como as de Vigo”.