Anuncio de Mobilidade e Seguridade
venres, 11 dec 2009
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da fin das obras de humanización no

entorno da rúa BARCELONA reábrense ao tráfico as rúas seguintes: Barcelona, sentido único cara a Regueiro. Zaragoza, sentido único cara a Faustino Alvarez. Faustino Alvarez, sentido único cara a

San Amaro. Sevilla, sentido único cara a Pintor Colmeiro. Illas Baleares, sentido único cara a Gran

Vía. Illas Canarias, sentido único cara a Barcelona. Valencia, sentido único cara a Zaragoza. Tarragona, entre Barcelona e Zaragoza, sentido único cara a Zaragoza. Dende o luns 14 de decembro de 2009 ás 10:00 horas.
Mobilidade, Seguridade e Transportes
venres, 4 dec 2009
Ante a proximidade das festas de Nadal onde prolifera a venda e mailo uso de artificios de pirotecnia recreativa (petardos, bengalas, tracas, etc...), lémbrolle a toda a cidadanía, as normas cuxo cumprimento cómpre observar para garantir a tranquilidade e seguridade cidadá.
Mobilidade, Seguridade e Transportes
venres, 4 dec 2009
Co gallo das actividades de carácter festivo que se pretendan desenvolver en locais nas datas de Nadal, Fin de Ano ou Reis, cómpre lembrar que:

A Lei Orgánica 1/1992, de 21 de febreiro, sobre protección da seguridade cidadá, establece que todos os espectáculos e actividades recreativas quedarán suxeitos ás medidas de policía administrativa que dicte o Goberno en atención aos fins que recolle o seu artigo 8.1.

Patrimonio Histórico
venres, 4 dec 2009
O CAT Centro de Artesanía Tradicional de Vigo, equipamento da Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo, programa anualmente os seus obradoiros formativos que teñen como obxectivo a conservación e divulgación do patrimonio etnográfico galego.

O programa do 1º semestre está orientado para todos os públicos, con cursos para diferentes niveis que permitirán ao alumnado achegarse ás variadas formas e técnicas da cestería -con especial atención á fabricada na comarca de Vigo- e do tecido tradicional galego.