O alcalde ve que o proxecto de Mayne para a estación do AVE está "maduro para a súa continuidade"
Tras a reunión de traballo deste venres, na que estivo presente o número dous de Fomento, Abel Caballero valorou que o encontro "servíu para consolidar o proxecto da estación de Alta Velocidade de Vigo". O goberno local pide á Xunta de Galicia que se "incorpore" para asegurar a intermodalidade e amosouse aberto ás propostas dos colectivos vigueses para melloralo. "Estamos diante dun proxecto factible, viable e realista", afirmou Caballero, quen agarda telo definido a finais de mes.
Abel Caballero explicou que na reunión de traballo verquíronse opinións "moi concluíntes" sobre a futura estación do AVE viguesa, definida como imprescindible ou "excepcional", e chamada a consolidar unha "dimensión urbana" como nó comercial, cultural e de servizos, co "núcleo central" da Alta Velocidade no tocante ás comunicacións.
Recordou Caballero que a intermodalidade interurbana aínda "ten que ser definida" polo que invitou á Xunta de Galicia a "incorporarse" para asegurala, construíndo nun espazo anexo que reserva o deseño a Estación de Autobuses, con conexión directa á autoestrada. Sobre esta cuestión, o rexedor amosouse disposto a valorar melloras, como incrementar a superficie da terminal de autocares.
O alcalde trasladou na reunión o "énfase" do goberno local na conexión das estacións de Urzáiz e Guixar a través dunha entrada por debaixo da autoestrada, á altura de Serafín Avendaño -para tráfico rodado e peóns-, e tamén na eliminación do paso elevado de Alfonso XIII, co obxecto de mellorar a conectividad "autoestrada-cidade" a través da futurapraza da Estación, ademais dos accesos de Vía Norte, Travesía de Vigo e Urzáiz.
Por outra banda, Abel Caballero fixo "fincapé" en que a Alta Velocidade ten que conectar Vigo con A Coruña, pero tamén con Madrid por Cerdedo "en dúas horas e media" e "a longo prazo" na conexión con Oporto, que cualificou de "central". Adicionalmente, valorou o primeiro edil que a taxa de rentabilidade do proxecto do 10% é "suficiente para conectar cos mercados internacionais".
O alcalde reiterou toda a "cooperación" do Concello de Vigo co Ministerio de Fomento e concluíu que "estamos diante dun proxecto factible, viable e realista e para o que temos xa preparado un convenio desde o Concello que o ratificaría". Caballero ve nos gobernos de Vigo e de Madrid os "grandes interlocutores do proxecto" e adiantou que ambas administracións elaborarán cadanseu documento que farán definitivo. O alcalde invitou á Xunta de Galicia a que se incorpore, porque a intermodalidad interurbana é "importante".
Por último, Abel Caballero estimou de "moi pouco común" contar cun Secretario de Estado nunha reunión destas características, o que agradece á ministra de Fomento, Ana Pastor. Na opinión do rexedor, a presenza do número dous de Fomento garante o "interese" do Goberno de España neste proxecto, igual que a presenza do alcalde asegura o do Concello. "Temos todos os mimbres preparados para que a finais de mes conclúan nun gran proxecto de estación da Alta Velocidade de Vigo", aseverou.
Descargar todas as imaxes