Escoitar

Conferencia de escritora Rosa Regás

A concelleira Carmela Silva presenta á escritora Rosa Regás que pronunciará unha conferencia o venres, 9 de marzo ás 20.00 horas no Club Faro sobre "A revolución de ser muller". Esta actividade forma parte da programación mensual da Concellería de Igualdade co gallo do Día Internacional da Muller. Regás participará tamén no almorzo litetario do sábado, 10 de marzo ás 10.30 horas no Centro de Documentación é Recursos Feministas.

xoves, 8 mar 2012
1331208840regas.jpg
Rosa Regás, nos traslada a seguinte cuestión: deben as mulleres con un posto de responsabilidade actuar como o máis autoritario dos homes e aguantar burlas pola súa forma de vestir, de peinarse, de falar ou de defender as súas ideas ?

A escritora desgrana os orixes dunha sociedade tan profundamente machista que convirte en desgracia o nacemento e a vida de miles de mulleres, e denuncia con exemplos propios e alleos, as inxusticias históricas e contemporáneas en ámbitos como o relixioso, o laboral e o familiar.

"Porque si é certo que aínda hai homes que só nos ven como nais, esposas, criadas e prostitutas, tamén o é que son moitos os que en cuestións de creación, non é que nos vexan dun xeito ou de outro, con xustiza ou sen ela, é que simplemente non nos ven"

A súa traxectoria profesional

A escritora Rosa Regás ( Barcelona, 1933) durante a guerra civil, estivo na L´École Freinnet en St.Paul de Vance (Francia), e ao rematar a guerra, foi interna nun colexio relixioso en Barcelona, a súa cidade natal. Licenciouse en Filosofía pola Universidade de Barcelona e foi editora, traductora en organizacións das Nacións Unidas e escritora.

Aos 57 anos publicou o seu primeiro libro e desde entonces apareceron outros vinte, entre novelas, ensaios e libros de viaxe. Gañou o premio Nadal en 1994, o Ciutat de Barcelona en 1999, o Planeta en 2001 e o Grandes Viajeros(con Pedro Molina Temboury) en 2003.

Recibiíu a condecoración Chévalier de la Légion d´Honéur da República Francesa e a Creu de Sant Jordi da Generalitat de Catalunya. Aos 60 anos foi directora do Ateneo Americano da Casa de América e aos 71, directora xeral da Biblioteca Nacional, ambalas dúas en Madrid.

Agora vive no Empordá e adícase entre outras cousas a escribir.

No 2010 publicou en Now Rosa Regàs " La hora de la verdad. Una mirada a la vejez".

Descargar todas as imaxes