Escoitar

Un estudo analiza a situación das usuarias do Centro de Redución de Danos de drogas

O Grupo de Movilización de Drogas de Vigo, de Médicos do Mundo, elaborou un informe sobre a situación das usuarias do CEREDA (Centro de Redución de Danos de drogas). Durante a presentación, o rexedor explicou que o estudo está baseado en entrevistas a 24 mulleres usuarias deste servizo.

xoves, 8 mar 2012
1331214904medicosdelmundo.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou esta mañá un estudo sobre a situación das mulleres no CEREDA (Centro de Redución de Danos de drogas). Con apoio da Concellería de Igualdade, o Grupo de Movilización de Drogas de Vigo, de Médicos do Mundo, analizou a percepción, valoración e posibles propostas de mellora para estas mulleres.

O rexedor, que estivo acompañado por Sara Fernández, vicepresidenta da ONG en Galicia, e máis polas investigadoras Elena Gil e Chus Lence, explicou que o informe está baseado en entrevistas a 24 usuarias do servizo de CEREDA, cun perfil de muller española de entre 30 e 40 anos, problemas de drogas, que vive en parella e cobra unha prestación menor de 400 euros.

Durante a súa comparecencia, Caballero subliñou a importancia de coñecer "un informe como este o día da Muller", lembrando outras iniciativas da Concellería da Muller como o Pleno desta mañá ou o ciclo de conferencias de mulleres que triunfaron en diferentes áreas. "Queremos que a cidade se impregne de igualdade", rematou.
Descargar todas as imaxes

Máis información