Escoitar

"Malena llena eres de gracia" e "Materialinflamable" propostas do ALT para o venres

O Festival Alternativo das Artes Escénicas ALT 12 propon para o venres, 9 de marzo, dúas representacións. "Malena llena eres de gracia" da Compañía das Marías no Marco ás 20 horas, e "Material Inflamable.Versión umploget" da Compañía Guillermo Weickerd, ás 21.30 horas no Auditorio Municipal.

xoves, 8 mar 2012
1331212907casrtelteatro.jpg
VENRES 9 DE MARZO

20 h
Programa Novas Creadoras
Colabora área de Igualdade da Universidade de Vigo
CÍA DAS MARÍAS (Galicia)
"Malena llena eres de gracia" (Drama actual)
Duración 50’
Lugar: Marco

"Doíame cada partícula do meu corpo e sentíame tan suxa por dentro coma por fora. Ata sentía a alma, se é que teño…" RAQUEL HEREDIA
Patricia é o seu nome de guerra.

Dirección: Noemí Rodríguez.
Intérpretes: Laura Garrido e Helena Varela.
Deseño iluminación: Santiago Montenegro.


21.30 h
CÍA GUILLERMO WEICHERD (Andalucía)
"Material Inflamable. Versión umploget" (Danza)
ESTREA ABSOLUTA
Duración: 55’
Lugar: Auditorio do Concello

"MATERIAL INFLAMABLE" é un só coreográfico no que Guillermo Weickert reflicte e reflexiona sobre o seu vocabulario e a súa linguaxe. O auténtico "material" desta creación é o propio creador e intérprete, o seu movemento e o seu corpo maila relación que establece co espectador. Pero inevitablemente fala tamén do traballo do bailarín, da paixón, das luces e das penumbras que como un motor acenden o movemento.
A música de Vitor Joaquim, recoñecido pioneiro da electrónica portuguesa e o deseño de iluminación de Paloma Parra, crean un sólido e impactante universo para este traballo que dende a desnudez e a simplicidade vai desdoblando e articulando progresivamente imaxes de estremecedora beleza.

Coreografía e interpretación:Guillermo Weickert.
Música: Vitor Joaquim.
Deseño de Iluminación: Paloma Parra.
Fotos: Lidia Ayala.
Xefa de Produción: Toni Hurtado
Produción: El Mandaito
Descargar todas as imaxes

Máis información