O Concello propón integrar na estación do AVE os autobuses interurbanos, con acceso directo desde a autoestrada
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, desvelou hoxe xoves o contido do informe municipal remitido ao Ministerio de Fomento, no que o goberno local defende integrar en Urzáiz os autobuses interurbanos -competencia autonómica- para dotar de intermodalidade ao proxecto arquitectónico de Thom Mayne. O Concello quere demoler o paso elevado de Alfonso XIII e abrir un acceso á estación desde a zona de García Barbón e Rosalía de Castro.
As propostas preparadas polo Concello de Vigo sobre a estación do AVE de Urzáiz baséanse, como explicou Caballero, no "mesmo que mantivemos sempre", é dicir, o respecto ao proxecto de Thom Mayne, cunha gran praza pública superior de 30.000 metros cadrados á altura de Via Norte, con espazo para usos sociais nunha parte do edificio e configurado como un gran centro de conectividade de Vigo "no ámbito comercial, cultural e de transporte".
Abel Caballero defendeu a intermodalidade da estación e recordou que o proxecto xa inclúe a conexión cos taxis e autobuses urbanos, cun gran aparcamento, e tamén reserva un espazo para que a Xunta de Galicia -a administración competente- constrúa a estación de autobuses que convirta a Urzáiz nun auténtico nó de comunicacións intermodal, cunha conexión directa coa autoestrada AP-9.
Dentro da intermodalidade que ve necesaria o Concello, o alcalde adiantou que respalda a conectividade co Porto de Vigo, en particular coa terminal de Bouzas; por outra banda tamén apoia abrir un acceso á terminal de Urzaiz desde a zona de García Barbón, Isaac Peral e Rosalía de Castro, nunha solución que o goberno local ve complexa pero factible.
Caballero plantexa ademais o "obxectivo irrenunciable" da recuperación urbana da rúa Alfonso XIII, o que pasaría principalmente pola demolición do paso elevado do devandito vial. Tampouco desbota o Concello un paso peonil entre Lepanto e a praza de acceso á estación de Mayne.
"Creo q estamos en posición de levar adiante un gran proxecto de intermodalidade de transporte, un gran proxecto urbanístico, un gran proxecto arquitectónico e un gran proxecto cidadá", asegurou Abel Caballero, ratificando que é viable mediante o autofinanciamento. Por último, transmitiu á ministra de Fomento, Ana Pastor, a súa "felicitación e apoio" polo xeito de levar adiante a futura estación do AVE de Vigo.
Descargar todas as imaxes