Escoitar

O alcalde di que en igualdade "aínda nos quedan os pasos máis difíciles: salarios e participación social"

Abel Caballero recoñeceu esta mañá que a pesares dos avances "aínda nos quedan os pasos máis difíciles", en referencia as diferencias salariais ou de participación social. Así o afirmou durante o Pleno específico do Consello Municipal da Muller.<br />

xoves, 8 mar 2012
1331212689imagen2.jpg.jpg
O pleno do Concello de Vigo foi esta mañá o pleno das mulleres. As representantes do Consello Municipal da Muller ocuparon esta mañá as bancadas dos corporativos para celebrar unha reunión plenaria específica de temas de igualdade. O rexedor, Abel Caballero, deulles a benvida cun "saúdo cálido" e amosoulles todo o respecto e toda a vontade política de colaboración "do Goberno municipal e atrévome a dicir de toda a Corporación" coas moción que se debaterán nesta sesión "porque serán as nosas". Trasladou a súa intención de que este pleno se siga organizando cada 8 de marzo, a de hoxe á a terceira edición- "como un dos feitos sensibles da nosa cidade".

Durante a súa intervención, indicou que o día da Muller debe ser os 365 días do ano e avogou porque a igualdade "sexa a espiña dorsal para a cidadanía". Recoñeceu que quedaron atrás anos de moita loita, as orixes desta celebración, pero "aínda nos quedan os pasos máis difíciles", en referencia as diferencias salariais ou de participación social. As políticas de igualdade teñen que ser globais e transversais, deben estar por riba de das ideas" , concluíu.

Pleno Específico/b]
Co gallo da celebración do Día Internacional das Mulleres, o Consello Municipal da Muller en colaboración coa Concellería de Igualdade organiza un programa de actividades que se desenvolverán durante todo o mes de marzo.

Unha destas actividades é a celebración dun pleno específico do Consello Municipal da Muller no Salón de Plenos do Concello de Vigo o propio día 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

No pleno estiveron presentes todas as asociacións que constitúen o Consello. Dez, foron as entidades que interviron para expoñer as súas propostas para facer de Vigo unha cidade máis igualitaria. O pleno estivo presidido pola concelleira de Igualdade, Chus Lago Rey, acompañada de Iolanda Veloso Ríos e Mª Xosé Porteiro García, responsables da área de Muller ou Igualdade en anteriores gobernos municipais.

Chus Lago manifestou no decurso do pleno que "tal vez pareza innecesario lembrar por qué estamos aquí celebrando este acto institucional porque o 8 de marzo xa é unha efeméride absolutamente coñecida e recoñecida como Día internacional da muller, que empezou estando adicado ás mulleres traballadoras e que xa, por extensión, inclúe a tódalas mulleres de tódalas condicións e de calquera lugar do mundo. Pero coido que procede lembrar que neste ano 2012, a conmemoración foi adicada a "Habilitar as mulleres campesiñas para rematar coa fame e coa pobreza". Son, probablemente, as máis vulnerables. As máis descoñecidas. As máis invisibilizadas."

No documento anexo figura as propostas que se aprobaron no pleno.
1331212689imagen2.jpg.jpg
1331212698imagen9.jpg.jpg
Descargar todas as imaxes