Cine infantil no Verbum con motivo do día Internacional das Mulleres
Durante o mes de marzo, o Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade de Vigo organizan varias actividades co gallo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.<br /> Entre estas activididas está o Ciclo de cine infantil que comeza este domingo 11 de marzo no Verbum coa proxección do filme "O meu veciño Totoro". A seguinte cita será o domingo 18 de marzo coa proxección do filme " Nicki a aprendiz de bruxa". As proxeccións comezarán ás 17,30 horas . A entrada é gratuita e libre ata completar o aforo do local.
Ao comezo de cada película proxectarase unha das curtas participantes nas convocatorias do Concurso de microvídeos de anteriores edicións do concurso.
MI VECINO TOTORO
Ano: 1988
Duración: 86 minutos
Dirección: Hayao Miyazaki
País: Xapón
Xénero: animación, aventuras,
fantasía.
Público:dirixida ao público infantil
de todas as idades.
SINOPSE:
Relata a historia dunha familia xaponesa que se traslada ao campo, nos anos 50. Comeza coa instalación na nova casa e presegue co descubrimento do contorno (natureza, veciñanza).
As dúas fillas, Satsuki e Mei, tropezan cun espíritu do bosque: Totoro, criatura que vive baixo a árbore xigante veciña, co que establecen amizade. O pai é un profesor universitario que aviva a imaxinación das súas fillas con fábulas e historias máxicas sobre duendes, fantasmas e espíritus protectores dos fogares.
Descargar todas as imaxes