Escoitar

Festival Alternativo das artes escénicas

Esta fin de semana o ALT-12 programa catro espectáculos de estrea en Galicia . O sábado "Calle y Come" da compañía La Cocina no Marco ás 20 horas e "El chico de la última fila" da compañía La fila de al lado ás 21.30 horas no Auditorio Municipal . O domingo "Y por qué John Cage?" de Jorge Dutor + Guillem Mont de Palol no Marco ás 19.00 h e "Materia prima" da compalía La tristura ás 20.30 horas no Auditorio Municipal.

venres, 9 mar 2012
1331295377casrtelteatro.jpg
SÁBADO 10 DE MARZO

20 h
CÍA LA COCINA (Euskadi,)
"Calla y come" (Teatro)
Duración aprox.: 60’
"Mellor espectáculo na Feria Internacional de Teatro y Danza Huesca 2011"
"Finalista Premio Mejor Espectáculo Revelación Premios MAX 2012"
Lugar: Marco

Peza que propón unha viaxe e profundiza nos nosos auténticos motores, no que nos move, alí onde percibimos que comeza a brotar o noso lado máis xenuíno. A todos nos acontecen cousas similares, pero non hai dous copos de neve iguais.
Neste espectáculo indagamos no máis profundo do mar da nosa fraxilidade.
Deste traballo nace unha Fundición de Bilbao a través duns encontros denominados "accidentes para la creación", unha experiencia para romper os círculos de creación habituais e na que nos acompañou durante quince días Sergi Faustino.

En escena: Na Gomes, Pako Revueltas, Enriqueta Vega.
Ollo contaminante: Sergi Faustino.


21.30 h
LA FILA DE AL LADO (Madrid)
"El chico de la última fila" (Comedia dramática)
Duración 105’
Lugar: Auditorio do Concello

"Dende a última fila ninguén te ve, pero ti os ves a todos."

El chico de la última fila, como tantas de Juan Mayorga, xira en torno ao concepto da posibilidade. E se en vez de pasar isto, acontecera istoutro? A montaxe pretende ser fiel a esa idea. É unha proposta espacial, na que o uso dunha mesa pretende significar diferentes espazos, distintos mundos, opinións, accións, intencións e desexos, que non sempre son visibles.
A obra fálanos da curiosidade que xera a observación dos demáis. De como os diferentes puntos de vista condicionan dita observación.

Dirección: Victor Velasco.
Texto de Juan Mayorga.
Intérpretes: Miguel Lago Casal, Samuel Viyuela, Olaia Pazos, Natalia Braceli, Rodrigo Sáenz de Heredia, Sergi Marzá.
Deseño iluminación: Eduardo López.

DOMINGO 11 DE MARZO

JORGE DUTOR + GUILLEM MONT DE PALOL (Cataluña)
"Y por qué John Cage? (Novas linguaxes do corpo)
Duración: 50’
Lugar: Marco
19,00 h

Y por qué John Cage? É unha proposta escénica sobre o son e o significado nun discurso dado. O poder do son das palabras. Son como estrutura, como dinámica que viaxa. Discurso sensorial e non significativo. Non queremos significar, ao contrario, queremos designificar para adentrarnos no terreo do sensitivo, do relacional, do perceptivo e do corpóreo. O discurso pode ser calquera discurso. Non é importante o que dicimos, senon como o dicimos, que ferramentas musicais e coreográficas utilizamos para destrozar o texto e sumerxirnos no traballo do intérprete suxerindo e surfeando polas ondas do imaxinario.

Dirección e interpretación: Jorge Dutor e Guillem Mont de Palol.
Deseño Iluminación: Jorge Dutor.

Sponsors: Producción de Antic Teatre, Barcelona, con el apoyo de A ras de Suelo, Las Palmas de Gran Canaria y Espacios Cómodos de La Porta, Barcelona.



20.30 h
CÍA LA TRISTURA (Madrid)
"Materia prima" (Poema dramático)
Coa complicidade do Salón Teatro Santiago de Compostela
Duración: 70’
Finalista Premio Mejor Espectáculo Revelación Premios MAX 2012
Lugar: Auditorio do Concello

O que esta peza propón é ver aos seres como corpos históricos e políticos dende o seu nacemento. Mensaxeiros, que na súa infinita posibilidade de ser aínda calquera home ou muller, ensínannos a lembrar e pensar. Será capaz de nos asustar a conciencia histórica e política destes rapaces? Farásenos estraño oílos falar como adultos, ou xa todo resulta habitual?

Dirección: Itsaso Arana, Pablo Fidalgo, Violeta Gil e Celso Giménez.
Intérpretes: Gonzalo Herrero, Lucía Oña, Siro Ouro e Candela Recio.
Deseño iluminación: Eduardo Vizuete.

Colaboran: inaem e festival d´estiu sagunt a escena
Descargar todas as imaxes