Escoitar

Concello e hostaleiros acordan traballar de forma conxunta en programas de formación para traballadores do sector

O alcalde, Abel Caballero, reuniuse hoxe con representantes de Feprohos (Federación Provincial de Empresarios de Hostelaría de Pontevedra) dentro da ronda de contactos con distintos colectivos económicos e sociais da cidade. Os hostaleiros agradeceron as iniciativas desenvolvidas polo Concello vigués para potenciar o sector tales coma a recente promoción de Vigo en Madrid ou a taxa cero nas terrazas da cidade.

venres, 9 mar 2012
1331319525hosteleros.jpg
Abel Caballero mantivo na mañá deste venres un encontro de traballo con representantes da Federación Provincial de Empresarios de Hostelaría de Pontevedra (Feprohos) para abordar de forma conxunta programas de formación a traballadores do sector. A iniciativa centraríase en formar a traballadores de cara a acadar unha maior cualificación e contribuír así a creación de postos de traballo. Deste xeito os hostaleiros propuxeron a colaboración coas concellerías de Emprego, Comercio e Turismo.

No ámbito do turismo os hostaleiros agradeceron a aposta do Concello vigués pola taxa cero nas terrazas, e amosaron a súa disposición por corrixir todas aquelas deficiencias que poidan estarse a producir en casos moi concretos trala aplicación desta medida. Ademais os representantes do sector hostaleiro trasladaron ao rexedor a súa satisfacción polo éxito do programa de promoción levado a cabo recentemente en Madrid, coa campaña "Unha noite de Vigo en Madrid"
Descargar todas as imaxes