Escoitar

Festival de Habaneras e Polifonia, o domingo no IFEVI

Este domingo comeza no auditorio do IFEVI o 6º Festival de Habaneras e Polifonía Cidade de Vigo que organiza conxuntamento o Concello e a Asociación de Corais Polifónicas de Vigo, coa participacion das corais Agarimo, Perla del Atlántico de Alcabre, Alborada de Cabral, Anduriña de Coruxo e Apostol Santiago. As actuacións empezan ás 18 horas.<br />

venres, 9 mar 2012
1331293976habaneras.jpg
Con este xa son seis anos gozando das habaneiras e cancións que nos ofrecen corais de Vigo e arredores a través de a Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI) e que organiza o Concello de Vigo.

Serán os domingos 11, 18 e 25 de marzo; 15, 22 e 29 de abril ás 18:00 horas. E os domingos 6, 13, 20 e 27 de maio ás 19:00 horas no Auditorio "Nogueira Dalmás" do Instituto Feiral de Vigo, IFEVI.

Este domingo, 11 de marzo, poderemos escoitar a interpretación de cinco corais que nos mostrarán o resultado de horas de ensaio. Non vos perdades a oportunidade de escoitalos e compartir unha xornada de música e harmonía.

Haberá servizo especial de autobús lanzadeira dende o centro de Vigo ata IFEVI, con saída ás 17:30 e regreso ás 20:30 aproximadamente.

O percorrido será: Praza de América - Concello - Praza España - IFEVI.

Coral Polifónica da AACC Agarimo

Dirixe: D. Lucas Alonso Pérez

El abanico: J. Trayter
La reina del placer: X. Montsalvatxe
A caña dulce: M. Massotti Littel
El baile: E. Martínez Torner
Volver: A. Le Pera / C. Gardel

Coral Polifónica Perla do Atlántico de Alcabre

Dirixe: Dña. Marisa González Monroy

Paxariño: Popular Galicia
Marimara Maruska: Popular Ucraína
Peregrino: A. López Gracía
Bello Angel mío: A. López García
Ojos de España: Bert Kaempfert

Coral Polifónica Alborada dá AVV de Cabral

Dirixe: Dña. Anicia González Núñez

La golondrina: Zamacois / Serradell / Juárez
Una lágrima: Popular / Rei Rivero
Jardín de ensueño: F. Rei Rivero
Balaio: H. Villalobos
O cuco: A. Paz Valverde

Coral Polifónica Anduriña de Coruxo

Dirixe: Dña. Valentina Dolisnea

Ilusión de amor: Santos Montiel / Ginés Abellán
Piel canela: Bobby Capo
Tu: Fernán Sánchez / Manuel Massotti
Pokarekare Ana: Popular Maorí / M. Brewer
Nouturnio: J. Olds

Coro Apóstol Santiago

Dirixe: D. Rimas Zdanavivius

O temporal: F. Rei Rivero
Catro vellos mariñeiros: Popular / R. Zdanavicius
Cubanita preciosa: Popular / Teresa Pérez
Caballería rusticana (1º coro): Pietro Mascagni
Todas las mañanitas (D. Gil de Alcalá): M. Penella
Descargar todas as imaxes

Máis información