Seguridade, tráfico e transporte
A rúa Ecuador permanecerá pechada por obras a partir de mañá entre Joaquín Lóriga e Taboada Leal
martes, 1 feb 2005As obras de canalización e saneamento manterán pechada a rúa Ecuador entre Joaquín Lóriga e Taboada Leal desde mañá ata o sábado día 5. Tamén a partir de mañá na rúa Ecuador, entre Gran Vía e Joaquín Lóriga, comezarán os traballos de fresado e asfaltado.
O Concello retirará os vehículos ante a folga de grúas que se iniciará mañá para garantir a seguridade
xoves, 20 xan 2005Traballará en coordinación coa Dirección Xeral de Tráfico para atender as demandas empregando as once grúas coas que conta o Concello.
O Concello de Vigo presenta o seu novo coche policial
martes, 4 xan 2005O Concello de Vigo, a través da súa Concellería de Mobilidade e Seguridade, presentou hoxe o seu novo coche policial, equipado cun Sistema Móbil de Identificación de Vehículos. Este sistema permitirá sancionar nun tempo récord e sen erros os coches que estean mal aparcados na cidade.
O Goberno propón que o billete de autobús sexa gratuíto para os pensionistas que non superen o salario mínimo interprofesional
luns, 20 dec 2004A partir do próximo ano, o transporte urbano será gratuíto para os pensionistas que non superen o Salario Mínimo Interprofesional. Así o anunciou a alcaldesa, Corina Porro, antes da reunión do Consello Sectorial de Transportes, na que se informou das novas tarifas para os billetes de autobús urbano e de taxi.
29 novos axentes da Policía Local celebraron hoxe o acto de xuramento á Constitución
xoves, 2 dec 2004O acto comezou co paso de revista e rematou coa xura e o brindis de honor. O voceiro do Goberno, José Manuel Figueroa, desexoulles aos axentes un traballo "profesional, digno e honesto".
A ampliación do túnel de Beiramar estará aberta ao tráfico o próximo sábado
mércores, 1 dec 2004Os concelleiros José Manuel Iglesias e Antonio Coello explicaron as actuacións relacionadas coa seguridade nos novos tramos, que estarán abertos o sábado ás catro da tarde.
A Policía Local de Vigo entregaralle o Salacot de Honor ao pobo de Madrid pola súa valente resposta na traxedia do 11-M
venres, 26 nov 2004A entrega farase nunha Gala de Confraternidade que servirá tamén para despedir aos oito axentes xubilados neste ano e para da-la benvida aos 29 novos axentes que se incorporan.
O Valedor do Cidadán, Luis Espada, presentou o seu estudio sobre a mobilidade e os hábitos dos cidadáns
venres, 26 nov 2004O traballo, dividido en catro partes, é un estudio pormenorizado dos hábitos urbanísticos nas diferentes zonas da cidade. Cuestións como o tempo que se tarda en aparcar ou o medio de transporte elixido para unha e outra finalidade están cuantificados no libro.