Vigo volverá contar cunha dobre Cabalgata de Reis

venres, 2 xan 2026

Caballero explicou que a cidade repetirá o sistema de “dúas cabalgatas”; a matinal será estática, na Avenida Castelao, e pola tarde en movemento, partindo dende alí ata a Praza do Bicentenario. As carrozas evocarán a “maxia e fantasía”.

Vigo rexistrará un “cheo total” nos hoteis nesta fin de semana

xoves, 27 nov 2025

A boa ocupación hoteleira esténdese a outros municipios da provincia, que segundo os datos de FEPROTUR chegarán ao 95% en Cangas, 87% en Sanxenxo, 80% en Pontevedra, 79% en Baiona e o 76% en O Porriño e Redondela. Abel Caballero destacou a boa afluencia turística non só no Nadal, senón durante todo o ano con máis de medio millón de turistas segundo os datos móbiles rexistrados polo INE durante os primeiros nove meses de 2025. “Isto significa riqueza a emprego”, afirmou.